1 dic 2015

Traballos sobre a proposta "Cómo se dí"

Nen@s e mestres responderon moi ben á proposta de aprendizaxe de vocabulario en galego e mostra deste feito é que todo o colexio se encheu de traballos relacionados como murais, algunha presentación e mesmo actividades con código QR .
A continuación mostramos algúns exemplos. Noraboa aos participantes.

Click to play this Smilebox slideshow


18 nov 2015

Os Nadais do Mundo

Este curso, co fin de incardinar a actividade no Proxecto Dinamizador Anual, propoñemos o concurso a xeito de “Proxecto de Investigación”. Trátase de pescudar sobre “Os Nadais do Mundo”, repartíndonos o traballo como sigue:
  • -       E.I.: Nadais de Europa.
  • -       1º e 2º: Nadais de Centro e Sur de América.
  • -       3º e 4º: Nadais de Norte de América.
  • -       5º: Asia.
  • -       6º: África.

As bases son as seguintes:
  • -       Os traballos serán feitos nas aulas polos nenos.
  • -       Entregaranse o día 04 de decembro.
  • -       Formato A4.

Libro recopilatoria "Receitas coas nosas castañas"

O pasado venres celebramos na escola o Festival da Castaña. Desde aquí queremos agradecer a todos os pais/nais a estupenda participación  e felicitalos polo bos que estaban todos os productos finais que degustamos. 
Coas vosas receitas elaboraremos un libro recopilatorio que recolla todo o voso "saber facer".



27 oct 2015

Festival da castaña

    Estamos preto da celebración do Magosto, así que unha proposta para este outono é celebrar un festival da CASTAÑA, froito deste tempo. e noi representativo da nosa comunidade.
    Cada titor que desexe participar, traballará na súa aula unha receita feita con castañas. Esta receita enviarase ás casas dos alumnado participante, solicitando a colaboración das familias na súa elaboración.
    O día 13 de novembro, venres, procederase á degustación nas aulas dos productos presentados polos rapaces.
    Os titores que desexen ser parte da actividade, enviarán circular explicativa aos pais/nais do seu grupo-clase.
    Facilitaremos tamén folla-plantilla para escribir a receita elexida. Ao remate da actividade, como producto final,  O E.N.D.L. elaborará un libro-recetario con todas as receitas presentadas, fotos...


Cómo se di...

O equipo E.N.D.L. comezou este curso retomando a iniciativa do ano pasado que consistía en elaborar tarxetas nas que figuren erros gramaticáis frecuentes en galego e a forma correcta de dicilo. Todas estas tarxetas estarán visibles polo colexio adiante, e poderán participar todos os niveis educativos.




 A única variante será que só aparecerá a forma correcta en galego de dicir esa verba para que os nenos nos teñan contacto visual coa forma incorrecta. Todas estas tarxetas estarán visibles polo colexio adiante, e poderán participar todos os niveis educativos.

18 jun 2015

Curta de 1º B: Martiño e Carmiña.

Aínda que xa donde vai o concurso e o as clases están a piques de rematasr, os noso alumnado aínda segue animado con esto das curtas, como os pitiños de primeiro, que nos presentan esta con moita ilusión.



15 may 2015

Gañadores do Concurso de Curtas


Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, hoxe se celebramos no colexio o noso FALADOIRO DE PRIMAVERA. Foi un día de moita emoción para os rapaces. Houbo actuacións do alumnado con dúas obras de teatro e recitado de rimas e cancións na nosa lingua. Hai que dicir que os rapaces o fixeron maravillosamente. Estamos moi orgullosos do resultado e damos recoñecemento a todo o traballo que houbo detrás de estas actuacións.
Unha vez rematado o acto, todos os nenos e nenas do centro se xuntaron no patio para coñecer os GAÑADORES DO CONCURSO DE CURTAS convocado polo equipo de dinamización e normalización lingüística, en consonancia co lema do colexio para este ano, "Un Laxeiro de cine".
A decisión non foi doada, queremos agradecer a todas as familias, alumnado e mestres/as que se sumaron ao proxecto coas súas curtas. E finalmente, damos a coñecer os traballos dos nenos/as, que hoxe pasearon pola alfombra vermella para recoller o seu particular agasallo Óscar: Un Laxeiriño
  1. Na categoría das curtas presentadas polas familias, modalidade "Cómo se di?", o gañador foi Marcos, alumno de 4º A.
  2. Na categoría de curtas presentadas polas diferentes clases ou alumnos/as do centro, "O Rap da Biblioteca", realizado por alumnado de primaria, foi o merecedor do Laxeiriño.
Parabéns a todos eles!!!
 
 

7 may 2015

Resumo das curtas presentadas ata o momento

Continuamos a recibir curtas do noso alumnado e das nosas familias. Lembrade que tendes prazo ata o día 8 de maio ás 14.00h.
As votacións ás curtas terán lugar no centro o día 12 de maio. Os nenos votarán nas aulas despóis de visionar as curtas. Cada aula transmitirá 2 votos gañadores, un para a categoría de curtas realizadas coas familias e outro para as curtas realizadas no centro. Os mestres especialistas tamén terán voto no claustro, ese mesmo día pola tarde e posteriormente se procederá ao reconto dos votos.

 
 
Angélica, 5 Anos A: Cómo se di 
Marcos: Cómo se di 
 
 
 Yuan, 4 Anos A: Voa voa voa
Elena, 5 Anos B: Cores. Cómo se dí 
O Bosque da Morte
3 Alumnos de 6ºA

Mateo, 6º A. Cómo se dí 
  Rap da biblioteca
Alumnado Primaria
Festa da Amizade Alumnado 1ºA  
 Bandas Escolares Alumnado 5º A 
 Nadarín: Alumnado 5 anos  

O neno novo. Alumnado Valores 5ºA









Curta: O Neno Novo

A clase de Valores de 5º A participa no concurso con esta curta.



6 may 2015

Curta e letra do RAP DA BIBLIOTECA

Curta: "O RAP DA BIBLIOTECA"



RAP DA BIBLIOTECA (Letra)
  
Chegar á biblioteca
É pura diversión
Sumérxeste nun mundo
De imaxinación.

Entrar neste espacio
Mola mogollón
Elixo un libro
Con moita emoción.

Se les poesía
Con ritmo entonarás
Se les narrativa
Mil aventuras vivirás.

Para coñecer culturas
polo mundo viaxarás
e para comunicarte con elas
idiomas aprenderás.

Os contos infantís
atópanse aquí
nun pequeno recunchiño
que a todas fainos sorrir.

As super heroínas
Agóchanse nos comics
Comparten escenario
Con superheroes e villanos.

Aquí tedes enciclopedias
Tamén libros musicais
Diccionarios e revistas
Pelis e documentais.





Aquí as novidades
Que cada mes nos traen
Son cousiñas ben fermosas
Que ao entrar distraen.

Coa saga de Harry Potter
Realmente alucinei
Cóntannos historias
Que eu nunca vivirei.

Na nosa biblioteca
Un gromiño atoparás
Con diferentes cores
Indicará en que curso estás

Se un libro colles
de calquera estante
Atende con atención
Esto é moi importante:

O libro nun caixón
Deberás deixar
Xa que a bibliotecaria
No seu lugar porá.

Non o dudes máis
E achégate ata aquí
Vinde a desfrutar
coa nosa forma de vivir.

Curta: E...Como se di?

Esta curta foi realizada por Mateo, alumno de 6ºA e a súa famiilia. 


5 may 2015

Curta: Nadarín

Aos nenos e nenas e 6º de educación infantil, gústalles moito o conto de Nadarín porque é un peixe moi valente do que aprenderon que as cousas fanse mellor en equipo.
Nesta curta participaron todas e todos, facendo as persoaxes, movéndoas e falando, e pasárono de medo!!!


Prazo de entrega de curtas

A petición de algúns grupos de alumnos/as comunicamos a AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ENTREGA DE CURTAS para o concurso ata o próximo día 8 de maio ás 14.00h.

30 abr 2015

Curta: Cores

Outra curtametraxe que nos achega Elena de 5ºcurso de Educación Infantil B.


Curta: O Bosque da Morte

Curtametraxe protagonizada por Alex Javier, Carlos Puente e Pablo Dorrio, alumnos de 6ºA de Primaria.


Curta: Voa voa voa

Aínda que tivemos problemas técnicos coa conta de correo á que enviáchedes as vosas curtas, estes vanse subsanando e iremos publicando as curtas pendientes.
Neste caso, trátase de Yuan, unha alumna de 5º de Infantil A, que nos deixa esta curta:


28 abr 2015

Curta: As Bandas Escolares

Curta: AS BANDAS ESCOLARES



Aínda quedan curtAs por subir ao blog. Nos vindeiros días irémolas poñendo. Grazas

27 abr 2015

"A Festa Da Amizade", curta de 1º A

O alumnado de 1º A de educación primaria, tamén quixo participar no concurso de curtas, con este conto colaborativo onde eles non só foron os protagonistas, senón que tamén crearon a historia, personaxes e decorado. Bravo polos alumnos/as de 1º A!

Curta: A Festa da Amizade- Alumnos de 1º A



O "Rap da Biblioteca", listo para o concurso de curtas!!!

O equipo da biblioteca do centro, coa colaboración do alumnado de educación primaria, tamén quixo participar neste concurso, para animar a todo o mundo a usar a nosa biblioteca.
Non volo perdades. É boísimo!!!

Curta: "O RAP DA BIBLIOTECA"



RAP DA BIBLIOTECA (Letra)
  
Chegar á biblioteca
É pura diversión
Sumérxeste nun mundo
De imaxinación.

Entrar neste espacio
Mola mogollón
Elixo un libro
Con moita emoción.

Se les poesía
Con ritmo entonarás
Se les narrativa
Mil aventuras vivirás.

Para coñecer culturas
polo mundo viaxarás
e para comunicarte con elas
idiomas aprenderás.

Os contos infantís
atópanse aquí
nun pequeno recunchiño
que a todas fainos sorrir.

As super heroínas
Agóchanse nos comics
Comparten escenario
Con superheroes e villanos.

Tamén libros con música
pelis, volumes de información
e as novas tecnoloxías
da comunicación .










Aquí as novidades
Que cada mes nos traen
Son cousiñas ben fermosas
Que ao entrar distraen.

Coa saga de Harry Potter
Realmente alucinei
Cóntannos historias
Que eu nunca vivirei.

Na nosa biblioteca
Un gromiño atoparás
Con diferentes cores
Indicará en que curso estás

Se un libro colles
de calquera estante
Atende con atención
Esto é moi importante:

O libro nun caixón
Deberás deixar
Xa que a bibliotecaria
No seu lugar porá.

Non o dudes máis
E achégate ata aquí
Vinde a desfrutar
coa nosa forma de vivir.



26 mar 2015

Nova curtametraxe para o noso concurso

Botádelle unha ollada a este novo curto que nos envía a familia de Marcos, un dos nosos alumnos. E non esquezades enviar o voso.


24 mar 2015

VI CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA



        A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística e mais o  Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa SXPL, convocan o VI Certame de Cinema OUFF Escola dentro da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.
        Bases. Prazo: ata o 30 de xuño de 2015
       

10 mar 2015

¡¡¡Xa recibimos a nosa primeira curta participante no concurso!!!

Noraboa, Anxélica, eres a primeira alumna en enviar un curto. Ímolo colgar aquí no blog para que todos os teus compañeiros podan disfrutar do teu video. Fixéchelo moi ben. Moitas grazas por participar.
Esperamos que moitos de vos os animedes e... ¡¡¡que comecen a chegar moitos máis!!!

31 ene 2015

Para os máis traballadores e tamén madrugadores á hora de entregar as vosas curtas...

Premio Nós tamén creamos! 2015 a curtas de animación en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Educación, en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora, convocan unha nova edición do Premio Nós tamén creamos! para a elaboración de curtas de animación en galego empregando a técnica *stop-motion.
Poderán participar os centros educativos de titularidade pública que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil e de primaria.

Bases da convocatoria (http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_premios)

Prazo de inscrición: 21 de febreiro de 2015
Prazo de entrega de orixinais: 30 de abril de 2015

*Ver definición da técnica Stop-motion en Wikipedia.

19 ene 2015

Concurso de Curtametraxes

Queridas familias e compañeiros, temos a honra de convidarvos a participar no I Concurso de Curtametraxes en Galego do Ceip Pintor Laxeiro.

Coa intención de aprender a nosa lingua dun xeito entretido e englobado no  proxecto xeral deste curso, “Un Laxeiro de Cine”, convocamos os premios Laxeiriños coa nosa particular Gala do Cinema.

Para participar hai dúas modalidades:
- Libre: para que os titores filmen co seu grupo no centro
- Como se di? : Esta modalidade está pensada para as familias, xa que así fomentamos o bo uso do galego tamén na casa.
No cole, os que se animen a concursar, gravarán a súa pequena historia (creada polos nenos) en galego. O escenario, dirección, guión e “atrezzo” corre a cargo dos nosos artistas principais, dos nosos alumnos.
Ao ter a gravación entregarase en soporte dixital co nome e curso para posterior visionado de toda a comunidade educativa.

O “Como se di?” é unha iniciativa que comezou o curso pasado na aula de 1º A e que nos parece interesante continuar nas familias de todo o cento. Consiste nun formato moi simple que ten o obxectivo de aprender palabras básicas da nosa lingua.

Deixámosvos un exemplo para que vos fagades unha idea, pero podedes melloralo!

.
Se aínda nos se vos ocorre nada, poñemos á vosa disposición unha escolma de palabras que podedes empregar:
- Material escolar: xiz, lapis, andel, estoxo, grampadora, taboleiro, cortiza.
- Partes do corpo:  cabeza, cachola, testa , tempas, as vidallas, os sens , cellas, pálpebras. - Utensilios de cociña: tixola, coitelo, garfo, culler, ola, cunca, torradora,    sacarrollas, batedor, escumadeira,     espremedor, funil, peneira....
- Mobiliario urbano: caixa de correos, beirarrúa, paso de peóns, rúa peonil.

A curtametraxe trataría de explicar o significado dalgunhas ou varias destas palabras. Todo isto son ideas que pretenden facilitarvos a tarefa, pero realmente o único requisito que deben cumprir é dar a coñecer o significado de verbas de uso cotián.
Cando teñades a gravación, enviádenola ao enderezo: concursocurtametraxes@gmail.com
As vosas creacións serán publicadas neste blogue. Cada familia votará poñendo un comentario na súa curtametraxe favorita. Unha familia emite un so voto e deixa o seu nome para validalo. Por exemplo: Somos a Familia Pérez e votamos esta curtametraxe pola súa orixinalidade.

Os premios “Laxeiriño” serán entregados na Gala do Cinema o 15 de maio. Enviádea antes do 27 de abril. 

Animádevos a ser realizadores, guionistas, actores por un día! E non esquezades votar o 
traballo dos vosos compañeiros.