Letras Galegas

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2013
Autor homenaxeado: Roberto Vidal Bolaño
PROGRAMA
Semana do 8 ao 12 de ABRIL:
SEMANA DA MÚSICA TRADICIONAL EN GALEGO
SEMANA DO CHISTE EN GALEGO
Semana do 13 ao 16 de MAIO:
TEATRO
FALADOIRO DE PRIMAVERA


NotaViseira de letras galegas.  Durante o faladoiro da semana das letras galegas, todos os alumnos/as do colexio levarán unha viseira deseñada para este evento. Os titores rematarán a súa confección cos alumnos recortando e picando polas zoas indicadas. Así mesmo, cada clase engadirá unha mensaxe alusiva ás letras galegas que escribirá na parte posterior da viseira.
No diseño da viseira o equipo acorda incorporar un símbolo celta, escribir "Letras Galegas 2013", una foto ou debuxo de R. Vidal Bolaño, e o lema "En Galego, Please".

        


PROGRAMA DE ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2013 

  

Os eventos de conmemoración das letras galegas terán lugar na semana desta celebración, os días luns día 13 e 14 de maio.




Luns 13 de maio: 

TEATRO (para 2º e 3º Ciclo de Primaria)

Obras: Obra de teatro do colexio de Frian, outra da mestra Tere cos alumnos de 2º B e outra da mestra Natalia con alumnos do 3º ciclo.


Martes 14 de maio: 

FALADOIRO DE PRIMAVERA E LETRAS GALEGAS
2 sesións:
Na 1ª Sesión participan Infantil + 1º ciclo Primaria (Terá lugar ás 9.30 no comedor).
Actuacións: Infantil (1 actuación por nivel), 1º A, 2º A + Teatro de 2ºB.

Na 2ª Sesión participan 3º e 4º ciclo de Primaria (Terá lugar despóis do recreo no comedor).
Actuacións: 4º A, 4º B, 5ª A, 5º B.

ACTIVIDADES, UNIDADES DIDÁCTICAS, CARTEIS E OUTROS RECURSOS PARA LETRAS GALEGAS
 
 



O Seminario Galán comparte documentos e actividades (imprimibles) e  actividades en liña relacionadas coa biografía e obra do autor homenaxeado, todas elas adaptadas por niveis: Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo. Tamén comparte un álbum de fotos do autor.  A continuación tendes enlaces a estes contidos picando sobre as imaxes.
DOCUMENTOS 

 ACTIVIDADES EN LIÑA


A Coordinadora Galega de Normalizacióne Dinamización Lingüística tamén pon á nosa disposición actividades e experiencias de outros centros que podemos aproveitar para traballar nas aulas.



A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar os carteis e guías das Letras Galegas 2013, ademais dunha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos cos que se pretende contribuír a unmellor coñecemento do destacado dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Podedes acceder picando nesta ligazón.


A Televisión de Galicia, pon tamén á nosa disposición unha morea de materiais audiovisuais para empregar co alumnado e afondar na vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

O centro dramático galego tamén enviou unha unidade didáctica sobre a figura de Roberto Bolaño e a súa obra "Días den Gloria". Deixovos o enlace como curiosidade porque o nivel e a representación da obra está dirixido a rapaces máis vellos que os nosos. 

OBRADOIRO DE TEATRO



SEMANA DO CHISTE E DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA



Durante  a 2ª semana do mes de abril (do día 8 ao 12), terá lugar no colexio a Semana da nosa música popular e tradicional e o chiste na nosa lingua.
Lembrade preparar os chistes durante o mes anterior no tempo acordado e seleccionar os chistes que representarán á vosa clase.

A organización e temporalizaciónserá a que segue:
    .Primaria:

                 Luns: 6º A e 1º A (4 chistes en total).

                 Martes: 6º B e 1º B (4 chistes en total).

                 Mércores: 5º A e 2º A (4 chistes en total).

                 Xoves: 5º B, 2º B e 3º B. (6 chistes en total)

                 Venres: 4º A, 3º A e 4º B. (6 chistes en total)

    .Infantil: Os rapaces de 5 Anos serán os encargados de preparar os chistes coa súas respectivas mestras, escollendo en cada aula dous chistes sinxelos de fácil comprensión para os compañeiros de 3 e 4 anos. Ao longo da semana exporán os seus chistes cada día nunha clase de infantil dos niveis mentados anteriormente.

Se se considera necesario, pódese pedir colaboración ás familias para a recopilación dos chistes.
Se chovera esa semana cabe a posibilidade de trasladar a celebración á seguinte semana.

-Preparación da música. Gravaránse CDs con este tipo de música, e ao longo da semana o alumnado terá a oportunidade de escoitala durante o recreo mediante un sistema de megafonía.

Música en galego para INFANTIL: A Coordinadora Galega ten feito unha recopilación de música para os máis pequenos. Podedes acceder a ela a través deste enlace: http://coordinadoraendl.org/musicainfantl/index.php

No hay comentarios:

Publicar un comentario