Concursos

Curso 2014-15
*VI CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA
A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística e mais o  Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa SXPL, convocan o VI Certame de Cinema OUFF Escola dentro da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.
Bases
Prazo: ata o 30 de xuño de 2015
*BASES DO CONCURSO DE ANIMACIÓN CORRELINGUA VIGO 2015
1.Poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros inscritos no Correlingua 2014 na comarca de Vigo.
2. A participación no concurso será EN GRUPO.
3. A animación da carreira do Correlingua consistirá no desenvolvemento de ideas (a través de pancartas, disfraces, cantigas...) que contribúan a asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.
4. Valorarase a mensaxe, a orixinalidade e a animación que o grupo lle dea á carreira.
5. Os centros deberán formalizar a inscrición neste concurso enviando un
correo electrónico a correlingua@correlingua.org antes do 2 de maio.
As inscricións deberán ter como mínimo os seguintes datos:
- centro e número dos integrantes do grupo. O grupo deberá levar algún elemento que os diferencie para poder localizalos no caso de gañaren o concurso.
6. O xuri estará composto pola Comisión Organizadora. A decisión do xurado será inapelábel.
7.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua.
8. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.
*Convocatoria de CONCURSO PARA A ELABORACIÓN DA EXPOSICIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO LETRAS GALEGAS 2015. (Pendurada no taboleiro da Sala de Mestres).

*7º CONCURSO DE RELATOS "Ciencia que Conta". A Escribir!!! Concello de Vigo. Normalización.

Curso 2012-13
Vigo- 15 de maio de 2013
*CONCURSO DE CARTEIS CON MOTIVO DOS ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES 
Os carteis versarán sobre: "A seguridade dos produtos. A seguridade das persoas consumidoras".
A escola Galega de Consumo, facilitará desde a súa páxina web unha información básica sobre a seguridade dos produtos como información para facilitar o traballo.
A data límite para a presentación de carteis é o 4 de marzo de 2013.
Para máis información no arquivo anexo das bases do concurso.
Información básica sobre a seguridade dos produtos:
http://igc.xunta.es/pls/portal/docs/PAGE/IGC/GUIACONSELLOSDECOMPRA_0_0.PDF
Enderezo electrónico de contacto: igc.escuela@xunta.es

*CONCURSO DE PRODUCCIÓNS AUDIOVISUAIS IMAXINA CANTARES!
Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de /Cantares Gallegos/, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocan conxuntamente o concurso *Imaxina /Cantares/!* para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual.
O certame está dirixido a alumnado dos centros educativos de titularidade pública coordinado por profesorado pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega que, sempre que o traballo presentado acade os mínimos de calidade esixidos polo xurado, recibirá 8 horas de formación permanente.
Ademais, para os mellores traballos establécense dous premios, un primeiro de 300 euros e un segundo de 200 para a categoría de Infantil e Primaria.

*CONCURSO DE CONTOS FROLES MARELIÑAS
Entrega de traballos ata o 30 de marzo. Bases expostas no taboleiro da sede de Froles Mareliñas, na súa páxina de facebook ou tamén se poden solicitar por correo electrónico (frolesmareliñas@hotmail.es). Premio de 100€ para cada categoría. Tf. 661536145

*CONCURSO LITERARIO CARLOS CASARES convocado pola Asociación Cultural O Facho. 
1. Poderán participar  rapaces e rapazas  que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión. Valorizarase  a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras.
2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 30 de abril de 2013 ás doce da noite. 
3. A presentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido á sede da Asociación Cultural O FACHO. R/Federico Tapia,12-1º 15005 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser presentado individualmente 
5. As obras haberán de ser relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin ter sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan ser cedidos á Agrupación Cultural O FACHO por período de tres anos contados a partir do día do fallo do xurado.
6. Para alén da orixinalidade literaria, o xurado valorizará  a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras.
7. Os rapaces de Primaria concursan na Categoría A   Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
8. A contía dos premios será de 100€ en efectivo e un lote de libros doados pola Editorial  Galáxia 9. Cada autor só poderá presentar unha obra aténdose co límite de extensión cinco folio.
10.  As obras haberán de se presentar por duplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos: Nome e apelidos do autor/a.  Enderezo e teléfono. Correo electrónico . Centro onde cursa os seus estudos. Categoría na que participa.
Correo electrónico:  o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

*NOS TAMÉN CREAMOS. Se convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa *"Nós tamén creamos!. *Este programa está dirixido aos centros de educación infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso académico 2012/2013. O prazo de inscrición nesta campaña remata o 1 de marzo. Podedes consultar a convocatoria na seguinte ligazón:

+PONTE A BRINCAR!,  VII Certame de recollida de tradición oral galego-portuguesa,  organizado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Podedes consultar as bases na seguinte ligazón:
*FALEMOS DA NOSA HISTORIA, Concurso de redacción histórica organizado polo CEIP Lopez Ferreiro de Sangiago de Compostela. A ligazón facilitada a seguir, contén o díptico informativo.
---------------------------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario