Calendario Actividades




CURSO 2014-15
Actividades de dinamización da lingua galega ofertadas polo concello:
                           Dobraxe na escola                        Ludoteca Lingüística
                                            Concedida

                                                                    


                Son San             Para Bailar e Cantar   


  


CURSO 2012-13
SOLICITUDES Maio
Data Solicitude
Data Actividade
Nome
Curso/s
Nº Alumnos
Hora e duración
Lugar/
Materiais
8 de maio
Percussoes
1º,2º,3º
40
50 mn
Boa acústica
SOLICITUDES Abril
Data Solicitude
Data Actividade
Nome
Curso/s
Nº Alumnos
Hora e duración
Lugar/
Materiais
18 Marzo 9.00 am 
Rosalía, unha meniña
3º,4º,5º,6º
100
45 mn
Espazo amplo, boa acústica,confortable,
15 Abril 9.00 am  
Xogando cos contos
2º,3º
80
50 mn
Espazo grande boa acústica
23 Abril 9.00 am 
Ola Ríos, Ola Fontes
Infantil
25
40 mn
Proxector e boa acústica
SOLICITUDES Marzo
Data Solicitude
Data Actividade
Nome
Curso/s
Nº Alumnos
Hora e duración
Lugar/
Materiais
18 Marzo 9.00 am 
Rosalía, unha meniña
3º,4º,5º,6º
100
45 mn
Espazo amplo, boa acústica,confortable,
15 Abril 9.00 am 
Xogando cos contos
2º,3º
80
50 mn
Espazo grande boa acústica
SOLICITUDES Febreiro
Data Solicitude
Data Actividade
Nome
Curso/s
Nº Alumnos
Hora e duración
Lugar/
Materiais
18 Febreiro 9.00 am 

Ludoteca Lingüística
Inf. 4-5 Anos
30
1 h 15 mn
Instalacións deportivas
25 Febreiro 9.00 am 

Ludoteca Lingüística
Prim. 4º,5º, 6º
50
1 h 30 mn
Patio exterior/ xinmnasio
26Febreiro 9.00 am 

Cé Orquestra Pantasma
Inf. 4-5 Anos
50
45mn
Psicomotricidade
Biblioteca
Música
SOLICITUDES Xaneiro 
Data Solicitude
Data Actividade
Nome
Curso/s
Nº Alumnos
Hora e duración
Lugar/
Materiais
25 xaneiro 9.00 am 

Mario pensaba que o galego non servía para nada…
1º e 2º
 30
1 h
Aula ou biblioteca. Papel e lápiz
11 xaneiro 9.00 am 
30 xaneiro 12.30 a.m
Paseniño coa lingua
Inf.
anos A
30
 h
Psicomotricidade
15 xaneiro 9.00 am

Ludoteca Lingüística
Inf. 4-5 Anos
30
1/2 h
Instalacións deportivas
SOLICITUDES Novembro
Data Solicitude
Data Actividade
Nome
Curso/s
Nº Alumnos
Hora e duración
Lugar/
Materiais
5 novembro 9.00 am

Regueifas para primaria
5º e 6º
50
1 1/2 h
Micrófono, pizarra
12 novembro 

Obradoiro de Ciencias:
Herbas aromáticas
3º e 4º
30
1 h
Aula?
16 novembro

Obradoiro de Ciencias:
Os nosos bosques
5º e 6º
30
1 h
Aula?
19 Novembro

Obradoiro de Ciencias:
Obradoiro de Plastilina
Inf. 4 e 5 Anos
30
1 h
Aula?
21 novembro

Obradoiro de Ciencias: Elaboración de Papel Reciclado
Inf. 4 e 5 Anos
30
1h
Aula?
SOLICITUDES Outubro
Data Solicitude
Data Actividade
Nome
Curso/s
Nº Alumnos
Hora e duración
Lugar/
Materiais
4 outubro
9. 00 am 
17 outubro mércores 
Os contos/cantos do bardo Abelardo
Inf. 3 e 4 Anos
80
12.00-  1 h.
Aula
Psicomot.
5 outubro  9.00 am 
24 outubro mércores 
Camiño da Lingua
5º A
30
12.30- 1 1/2 h
Biblio
5 outubro  9.00 am 
19 outubro venres    
Camiño da Lingua
5º B
30
12.30- 1 1/2 h
Biblio
15 outubro  9. 00 am 
24 outubro  mércores 
Polo Correo do Vento
Infantil
5 Anos A
25
12.30- 1 h.
Audiovisual.
16 outubro 9. 00 am 
22 outubro luns       
Ludoteca Lingüística
3ºs
50
12.30- 1 1/2 h
Patio ou ximnasio
26  outubro 9. 00 am 

Obradoiro de Ciencias: Elaboración Crema Dentrífica
1º e 2º
30
1 h
Aula?
30 outubro 9.00 am 

Obradoiro de Ciencias: Elaboración de Papel Reciclado
1º e 2º
30
1 h.
Aula?

DISPOÑIBILIDADE DE ESPAZOS
Biblioteca, Psicomotricidade, Aula Música, Audiovisuais, Comedor, Patio, Informática

HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Aula Música
Psicomot.
Biblio
*Comedor
Aula Música
Psicomot.
Biblio
*Comedor
Aula Música
*Comedor
Aula Música
Psicomot.
*Comedor
Aula Música
*Comedor
2
Psicomot.
Biblio
*Comedor
Aula Música
*Comedor
Biblio
*Comedor
Biblio
*Comedor
*Comedor
3
Biblio
*Comedor
*Comedor
*Comedor
Biblio
*Comedor
4
Aula Música
Aula Música
Informática
Aula Música
Informática
5
Aula Música
Informática
Psicomot.
Aula Música
Psicomot.
Aula Música
Aula Música
Psicomot.

-Os contos/cantos do bardo Abelardo
O bardo Abelardo recolle contos e cantos da nosa rica tradición, reinterpretados para que nenas e nenos se divirtan como o facían os nosos avós e ter así un mellor
coñecemento dela, comezando pola nosa lingua. Un repertorio basado en contos, rimas, adiviñas e cancións participativas.

-Camiño da Lingua
É un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais, xogos onde o vínculo é a lingua galega.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.
Os participantes terán que superar unha serie de retos lingüísticos e culturais se queren conseguir o tan prezado “tesouro de Rande”.
As probas abranguen retos lingüísticos con: “anacos de refráns”, “trabalinguas”, “saúdos noutras linguas”, “palabras pirata”, “enredos lingüísticos, a “buxaina das palabras”…, etc.
Por outra banda, hai “probas culturais” sobre a nosa cidade para que os participantes coñezan o lugar onde viven e que deberán superar se queren avanzar polo taboleiro.
E finalmente, probas lúdicas pero con retos de atención, traballo en equipo e coordinación motora coma: “o xogo da ponte rota”, “o dominó vigués”, “o mapa tridimensional da cidade”, “fotos de antes-fotos de agora de Vigo”, “ondas do mar de Vigo” e unha lembranza á emigración galega con “todos a bordo”.
A sesión remata cun obradoiro onde comprobaremos a destreza manual dos participantes cun políptico de Camiño da Lingua onde escribirán a palabra “lingua” en diferentes linguas e linguaxes (náutica, braille, hebreo, árabe, chinés, castelán...).

-Polo Correo do Vento
É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.
Desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural
correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso, un personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección "Polo correo do vento"

-Ludoteca Lingüística
A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas.
"Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas vencelladas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.

-Obradoiro de Ciencias: Elaboración Crema Dentrífica
Traballamos o léxico bucal, as distintas partes do aparello. Tamén frases feitas, refráns, cantigas nas que aparece este léxico. Elaborarán pasta dentífrica, achegaranse á súa historia e levarán para casa o que fagan.

-Obradoiro de Ciencias: Elaboración de Papel Reciclado
A través da reutilización e reciclaxe de papel crearemos un papel diferente e atractivo;
asemade, isto nos axudará a reflexionar sobre o abuso das cortas de árbores e a
proliferación de monocultivos.

-Regueifas para primaria
Achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa da man de Luís O Caruncho e Pinto de Herbón.

-Obradoiro  ciencias:  Obradoiro  de  herbas aromáticas
A  través  da  exposición  de  dez  plantas  aromáticas  falaremos  das  súas  diferenzas, arrecendos,  usos  tradicionais,  terreos  nos  que  medran,  simboloxía,  tradición  oral, toponimia, variantes...
No obradoiro o alumnado realizará sacos de olor con diferentes herbas e un pequeno
caderno aromático.

-Obradoiro  ciencias:  Os nosos bosques
A través dos froitos de outono, toros, follas, liques, aromáticas ou bugallos aprenderán a distinguir e coñecer as árbores propias e alóctonas galegas. O obxectivo é comprender os bosques que crean no territorio galego. A toponimia, a antroponimia e a sinonimia terán un espazo salientable no obradoiro.

-Obradoiro  ciencias:  Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elaborarán un produto natural, semellante á plastilina, co que moldearán o que desexen, que logo poderán levar para casa.
Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...)

-Paseniño coa Lingua
Consiste nunha xincana na cal as e os participantes teñen que superar unha serie de probas a través da linguaxe corporal co obxectivo de conseguir peza dun quebracabezas, cuxa correcta montaxe presenta un collage da nosa cidade e palabras en lingua galega, relacionadas con ela e coa nosa cultura.

-Mario pensaba que o galego non servía para nada
A actividade está dividida en tres partes: A) Conto ilustrado O contador relata unha historia, mentres o ilustrador realiza un mural relacionado. Tema da historia: un rapaz, Mario, formado en moitas linguas e con moitas inquetudes pensa que o galego non serve para nada. Ata que, un día a partir da descuberta dun mapa percátase da importancia e beleza da nosa lingua xa que o coñecemento do galego será clave para dar cun tesouro e fundamental á hora de descubrir o amor. B) Rolda de prensa Interacionaremos co alumnado sobre o actividade: facemos preguntas, xeramos dúbidas, contestamos críticas sempre buscando que o alumnado utilice o galego. C) Obradoiro de debuxo: O alumnado realizará unha personaxe do conto guiado polo ilustrador. D) O SNL achegaravos unha unidade de traballo sobre a diversidade lingüística, as linguas en perigo de desaparición e a lusofonía.

-Cé Orquestra Pantasma.


Cé orquestra Pantasma achéganos ao mundo do home orquesta e ás máis curiosas historias dos veciñ@s de Freixo, nas terrras de Val de Fragoso.
A actuación comeza cunha introdución na que se fai a presentación da persoa que desenvolve a actividade, o seu oficio e os instrumentos que emprega para levar adiante o espectáculo. Logo dase a coñecer de onde ven e a relación dese lugar coas cancións.

Cada canción ten unha pequena introdución a xeito de conto que serve como elemento motivador. O espectáculo é de tipo participativo, procurando a máxima implicación dos nenos/as, con opción a que as súas propostas enriquezan a actuación e tratando de facer que as cantigas se convertan nun xogo para eles. As cancións son acumulativas, de xestos e de imitación, con moita improvisación e bailes sinxelos nos que os nenos darán renda solta a todo o seu corpo.

-Rosalía, unha meniña.

É a historia dunha nena que se chama Rosalía, que soubo sentir, escoitar e cantar, nunha lingua de pobres que daquela non se escribía. Contidos_ Vida e obra de Rosalía, importancia da poesía e da sensibilidade artística. Conto ao estido clásico, galego e universal.

-Xogando con contos
 O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe das nenas e nenos, reforzando a expresión e a comunicación.
O xogo dramático e o conto son os dous elementos que lle dan "vida" a esta actividade que vos achegamos.
METODOLOXÍA:
A monitora proporá unha serie de exercicios e xogos que se traballarán con xuntamento no coñecemento do esquema corporal e a narrativa oral.
Na contada escenificaranse diferentes contos.

CUADRO RESUMO ACTIVIDADES ADXUDICADAS POLO DE AGORA NO CURSO 2012-13


CURSOS
NOME ACTIVIDADE
Inf. 3 Anos A
Os contos/cantos do bardo Abelardo
Inf. 3 Anos B
Os contos/cantos do bardo Abelardo
Inf. 4 Anos A
Os contos/cantos do bardo Abelardo
Inf. 4 Anos B
Os contos/cantos do bardo Abelardo
Paseniño coa Lingua + 10 de 4 Anos A
Inf. 5 Anos A
Polo Correo do Vento
Inf. 5 Anos B
Polo Correo do Vento
1º A

1º B

2º A

2º B

3º A
Ludoteca Lingüística
3º B
Ludoteca Lingüística
4º A

4º B

5º A
Camiño da Lingua
5º B
Camiño da Lingua
6º A

6º B

No hay comentarios:

Publicar un comentario