Lexislación

ACCESO A NORMATIVA RELACIONADA COA NORMALIZACIÓN E DINAMIZ. LINGÜÍSTICA 



ACCESO Á NORMATIVA NO EIDO EDUCATIVO

Informámosvos que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veñen de incorporar unha nova funcionalidade no Portal educativo: o espazo temático de Normativa educativa.

Neste espazo podemos obter información sobre máis de 1.200 disposicións (de distinto rango: Circulares, Decretos, Leis Orgánicas, etc...) de carácter autonómico ou estatal publicadas tanto no Diario Oficial de Galicia coma no Boletín Oficial do Estado.

Incorporase un buscador da normativa, no que se pode obter unha listaxe das disposicións normativas relativas ao tema consultado, permitindo a procura por título, departamento, colectivo, nivel educativo, datas de publicación, tipos de boletíns ou rangos.

Podedes acceder ao devandito espazo de Normativa educativa a través do seguinte enlace:   http://www.edu.xunta.es/web/normativa

No hay comentarios:

Publicar un comentario