Outono

MULLERES MATEMÁTICAS
    A ciencia, en xeral, e as matemáticas en particular, non son un coto exclusivo dos homes. A pesar das dificultades e atrancos ao longo da historia, as mulleres foron facendo descubrementos, introducíndose nas universidades e facendo aportacións moi importantes. Coincidindo coa semana da ciencia, no noso centro, inagurouse unha exposición de mulleres matemáticas con carteis explicativos. Aquí vai unha pequena mostra desde Teano e Hipatia de Alexandría ata os nosos días. Pero seguro que non están todas as que son. 
    
Click to play this Smilebox slideshow




    Novembro non é só un mes de tradicións (a matanza, os magostos, o Samaín) senón tamén, dende hai unha década, o mes da ciencia e, dende hai tres anos, o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego. 
    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de crear un novo espazo denominado Outono de Ciencia (http://www.xunta.es/linguagalega/outono_de_ciencia) con información e recursos educativos de interese. Destacamos os seguintes traballos para primaria:
 
MAGOSTO 2012 NO MONTE FORESTAL DE BEADE. ALUMNOS DE PRIMARIA

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

OUTONO PLURILINGÜE CON ALGUNHAS DAS ÁRBORES GALEGAS MÁIS COMÚNS





-----------------------------------------------------------------------------------------------------
http://www.rasaint.net/ - Glitter Graphics
Poemas e adiviñas relacionadas con este tempo para rapaces de infantil e primaria
------------------------------------------------------------------------------------------------------

ACTIVIDADES DE OUTONO PARA INFANTIL
Banco de actividades relacionadas co outono para os mestres de infantil.
http://escolasinfantis.net/blogue_centro/?n=11&tag/outono
------------------------------------------------------------------------------------------------------

ACTIVIDADES DE OUTONO DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA 


 
Recompilación de actividades LIM sobre o Samaín, o Outono e o Magosto: no CEIP de Campolongo (PO) elaboraron esta recompilación de actividades LIM para traballar as diferentes festividades outonais.





 
Vídeo didáctico sobre o Samaín: o IES de Melide (A Coruña) realizou vídeo didáctico que nos conta a lenda do Samaín coa sempre atractiva música de Mamá Cabra.





 
Recompilación de recursos do Samaín e do Magosto: a profesora Mª Asunción García Álvarezo do CEIP Víctor Sáenz, Mazaricos (A Coruña) elaborou esta completísima recompilación de recursos (webquest, vídeos, cancións...) relacionados co magosto e coa lenda do Samaín.

  


 
O Magosto, unidade didáctica: o EDLG do CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares de Vigo realizou unha unidade didáctica sobre o Magosto. Aquí poderedes atopar información moi variada da festa (contos, vocabulario e frases feitas, adiviñas, cantigas, debuxos etc.), e actividades de comprensión e expresión que axudarán ao alumnado a asimilar contidos de xeito lúdico. 
  

 
Samaín 2012. A festa das cabazas. A festa dos calacús: unidade didáctica que, ademais de incluír unha breve introdución teórica sobre a lenda do Samaín, propón distintas actividades relacionadas coas cabazas moi axeitadas para o alumnado máis novo. Elaborada polo CEIP Galán de Arteixo (A Coruña)
  




Contos de medo: o EDLG do IES Mendiño de Redondela (PO) recompilou contos de medo elaborados polo alumnado e moi adecuados para pasar unha auténtica noite de Samaín. Quen durmirá esta noite!




 
Magosto 2012: o CEIP Galán de Arteixo (A Coruña) fixo esta unidade didáctica moi completa que mestura erudición (vocabulario específico relacionado coa castaña e o magosto) con exercicios de carácter lúdico (encrucillados, sopas de letras, crebacabezas etc.). 







A nosa fala: do CEIP de Petelos, en Mos (PO) chéganos un singular boletín que nos axudará a celebrar o San Martiño, pois contén información sobre a matanza do porco.  






 
Recompilación de xogos populares galegos: o EDLG do CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares de Vigo elaborou un práctico monográfico sobre xogos populares. A descrición de cada un dos xogos contén fotografías, información relativa ao número de xogadores, regras, desenvolvemento e materiais necesarios.   



-------------------------------------------------------------------------------------------------------
ACTIVIDADES DA PÁXINA WEB DO COLEXIO SOBRE O SAMAÍN NA REDE


 
2012

        
2011 





No hay comentarios:

Publicar un comentario